Luns. 14.10.2019
El tiempo

A problemática co pedriatra de Laxe chega ao Parlamento

A problemática co pedriatra de Laxe chega ao Parlamento

“Queremos pediatra tódolos días”. Así se manifestaban ducias de veciños ás portas do Centro de Saúde de Laxe o pasado mes de novembro, protestando polo recorte no horario do servizo público de pediatría. E a día de hoxe, 2 meses despois, continúan co novo e restrinxido horario, no que o pediatra comparte actividade entre Cabana e Laxe polo que o servizo pasa de ser diario a traballar 2 días á semana en Laxe e 3 en Cabana.

Hoxe informa o BNG laxense que o seu partido vai levar o asunto ao Parlamento de Galicia. Xa rexistrou unha "iniciativa encamiñada a recuperar o antigo horario do pediatra como así o demandan as nais e os pais de Laxe afectados."

Segundo apunta o voceiro loxal Xosé Manuel Pose Lema, "a problemática foi trasladada por parte dunha representación dos afectados e afectadas a Carlos Aymerich, Portavoz Parlamentar do BNG no Parlamento de Galiza, nunha xuntanza que tivo lugar o pasado venres no Local do BNG de Laxe e na que tamén estiveron presentes Xulia Mira, Xoan Mouzo e Xosé M.Pose por parte do BNG local".

Dita iniciativa fíxose desde "3 distintos prismas parlamentares (Pregunta para a súa resposta escrita – Pregunta para a súa resposta oral en Pleno – Pregunta para a súa resposta oral en comisión) co ánimo de acadar unha resposta o máis urxente posible por parte da Xunta de Galiza" .

Novas relacionadas

Outras novas do Concello de Laxe

Comentarios