12 hora en vilo por un home que ameazou a unha familiar e se encerrou nun piso de Cee
Eran arredor das 15:00h da tarde, e os veciños do 112 da Avda. de Fisterra de Cee escoitaron numerosos berros nun deses pisos das chamadas “casas baratas”. Alertaron ao 112, que rapidamente enviou á zona ás forzas de seguridade.
Unha persoa saía do edificio e recoñecía ter sido ameazada polo seu irmán, que se atrincherara no piso, armado cun coitelo.
Xa estaba a Policía Local, a Garda Civil, Protección Civil… pero nada podían facer para que o home, que sofre un transtorno psiquico, saíse do piso.
Pasaron horas con toda a vila de Cee pendente do suceso, ata que, xa sobre as 4:00h un Grupo de asalto GRS (Grupo de Reserva e Seguridade) da Garda Civil, conseguía entrar e sacar ao home, e levalo a dependencias policiais.
A TVG estivo ata o remate da operación.
O suceso aconteciu nas chamadas casas baratas de Cee-Foto-Rafa QuintansFonte
- Redacción de QPC ([email protected]).