Sábado. 12.10.2024
El tiempo

140 persoas respaldan a vea social de APEM

140 persoas respaldan a vea social de APEM
Cea solidaria de APEM Numerosa asistencia á Cea solidaria de APEM

Todo o tecido social das comarcas de Soneira e Fisterra demostraron a incidencia que ten a Asociación APEM na comarca. O pasado venres, 2 de outubro organizaba da cea solidaria para celebrar o Día Mundial da Saúde Mental, e asistían nada menos que 140 persoas, entre as que se encontraban representantes políticos de toda azona, ademais de personalidades como o director de FerroAtlántica Carlos Oliete, profesionais do campo da saúde, servizos sociais, profesores do institutos da zona, onde a entidade leva a cabo campañas de sensibilización, familiares, socios e amigos.

Comezou o acto cunha emotiva presentación de Fran Hermida recordando os comezos da asociación neste territorio e dando paso a un vídeo que mostraba todo o acado dende o ano 2002 ata a actualidade. O vídeo terminou cunha homenaxe a Jose Luís Muruzábal Arlegui, presidente da asociación durante máis de vinte anos e que finou o 16 de xullo de 2013.

Logo interviron Xose Ramón Girón García, presidente da Federación Feafes Galicia e a presidenta de Apem, Toni Pérez Amieiro que se mostrou dobremente emocionada, como viúva de Jose Luis Muruzábal e orgullosa do traballo do equipo desta zona e da multitudinaria asistencia á cea. Finalizou a presentación cun vídeo dos usuarios de Apem.

A Cea de APEM sorteou a foto mundial de Marcos Rodriguez A Cea de APEM sorteou a foto mundial de Marcos Rodriguez

Houbo tempo tamén para eventos culturais, relacionados coa fotografía e a música. Nos postres se sorteou a Foto que gañou a segunda medalla de prata na World Photography Cup, doada por Marcos Rodríguez.
E para pechar a cea dando o paso a magnífica actuación de Serj acompañado de Raúl (guitarrista) e Rebeca (vocal).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios