Venres. 19.04.2024
El tiempo

#8M: A CIG convoca mobilizacións en Cee e Carballo

cig 8m
#8M: A CIG convoca mobilizacións en Cee e Carballo

Máis enfocadas á loita social e laboral, a CIG convoca sendas manifestacións para este martes 8 de marzo en Cee e Carballo. A central sindical celebrará o Día da Muller pelexando contra a precarización dos traballos das mulleres.

A secretaría das Mulleres da CIG responsabiliza aos gobernos da situación de precariedade que continúan a padecer as mulleres. Precariedade que é maior nos sectores máis feminizados. Por iso, reclama a valorización dos oficios relacionados cos coidados. Denuncia que é un negocio para empresas privadas que priorizan o lucro á costa dos dereitos das traballadoras e da saúde e benestar das persoa.

Máis novas do #8M

Comentarios