Mércores. 18.09.2024
El tiempo

A alcaldesa de Cee amosou a súa preocupación como nai polo retraso na incorporación do pediatra

A alcaldesa de Cee amosou a súa preocupación como nai polo retraso na incorporación do pediatra
Zaira Rodriguez amosou as nais a sua preocupacion

Publicabamos onte o sentido comunicado de preocupación das nais e pais de Cee e Corcubión indignadas polo retraso na incorporación do pediatra. Un comunicado no que se facía referencia a que as nais se enteiraban pola prensa do retraso, pois tiñan entendido que a incorporación se faría en maio e xa estamos en xuño.

Foi a alcaldesa, a unha pregunta no pleno pasado, o que anunciaba que o Sergas lle trasladara que ía haber un pequeno retraso, e por iso, Zaira Rodríguez, quere deixar claro que coincidiu o día no que se enterou do retraso co pleno, pero que en ningún momento tivo “mala intención” nin foi unha “artimaña” para non informar das novidades.

De feito, Zaira vén de reunirse esta mañá de mércores coas nais afectadas, que lle deixaron claro que en ningún momento intentaron acusar nin atacar á alcaldesa, pois teñen claro que a responsabilidade é do Sergas.

”Eu o que fixen en todo momento foi chamar ao Sergas para trasladar a preocupación que temos todas as nais e pais, e me incluo porque ademais de alcaldesa son nai”, indica. “Sabemos que Cee é dos Concellos que ten máis cupo, e a realidade é grave, pois non tiñamos un especialista de referencia para os nosos fillos. Aqui a praza de pediatría vense cubrindo nos últimos tempos sen estabilidade, pois é certo que non é unha especialidade que teñan moitas persoas e ademais hai outras que non queren, por motivos persoais ou profesionais, vir traballar a Cee”, explica.

Así, o pasado mes indicábanlle do Sergas que había unha persoa interesada en ocupar a praza, e que chegaría en maio. “Pero a semana pasada, xusto o dia do pleno, o responsable da área Ramón Ares dime que esta persoa finalmente remata a súa residencia en xuño polo que non podería incorporarse ata finais deste mes. Eu o que fago de intermediaria, trasmitíndolle a preocupación que temos, pero non podo facer nada máis”, sinala. “Pídolles desculpas ás nais se non as avisei tan pronto como me enterei, pero en canto o souben o anunciei tras a pregunta no pleno”, explícase. “Pero dende logo, non houbo mala intención nin artimañas para non informalas”.

”Eu sei que dende arriba están preocupados polo asunto, e esperemos que chegue a finais de mes. Eu tamén estou indignada, como alcadesa e como nai. Pero tampouco podo prometer nada, porque isto non depende de min”, sentenza.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios