A Banda de Balbina porá a festa na III Xuntanza Folk de Lires
Estes sábado 12 e domingo 13 maio de 2012, Lires vivirá unha fin de semana completa de Festa Tradicional. A III Xuntanza Folk que artella a Asociación Pedras Miúdas traerá moita festa e diversión. Unha festa ademais que procura, como demostrou o pasado ano, a recuperación da escencia da tradición.
Así, pola mañá, haberá pasarrúas co grupo de gaitas local de Pedras Muídas. E a festa chegará a partir das 22:30h co Festival Folk. Abrirá o Grupo de Pandeiretas e o Grupo de Gaitas de Pedras Muídas, seguirá Parda na Rúa (de Vigo), os Tombalobos Orquestra (da Coruña) para rematar co concertazo de A Banda de Balbina.
Para o domingo 13 de maio haberá as Festas do Socorro. Haberá procesión dos gaiteiros e exhibición da danza de arcos con "Riba das Eiras" a partir das 19:00h, coa actuación dos máis pequerrechos.
Aí quedades coa Estomballada da Banda de Balbina:
Novas relacionadas
- Remataron as festas de 150.000€.
- 2011: A choiva non impide que Lires recupere a esencia da tradición.
- Lires acode á chamada de socorro da Danza de Arcos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).