xoves. 01.05.2025
El tiempo

Os Amigos da Banda de Música de Cee ofrece un espectacular Memorial Manuel Rebollar

Os Amigos da Banda de Música de Cee ofrece un espectacular Memorial Manuel Rebollar

Non falta cada mes de agosto no Concello de Cee o Memorial Manuel Rebollar, que artella a A. C. Amigos da Banda de Música de Cee. Este ano a cita será os días 4, 10 e 11 de agosto. O primeiro venres a cita será na praza da Constitución a partir das 19:30h, coa presencia da Banda Municipal de Silleda, e da Banda Artística de Merza.

Os seguintes venres 10 e sábado 11 a música trasladarase á Casa da Cultural, cando a partir das 21:30h a banda ceesa traiga á Compañía Camerata Lírica de España a escenificar La Traviata, e ao Coro Gospel Vida de Vigo.

Comentarios