Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Casa da Cultura de Cee estará lista por Nadal

A Casa da Cultura de Cee estará lista por Nadal
Casa da Cultura de Cee

Así se conclúe da nota que nos envía o Departamento de Cultura do Concello de Cee, sobre os prazos para a matricula do curso 2014-15 nas escolas de música e teatro municipais. I é que as solicitudes de matrícula marchan a bo ritmo e no caso da Escola de Música xa hai preto de cen inscritos, que xa preparan os instrumentos.

O caso é que as clases darán comenzo a partir do luns 6 de outubro no edificio da Escola de Música na Praza da Constitución xa que, aínda que as instalacións da Casa de Cultura están practicamente rematadas, a empresa concesionaria encargada das clases, a sociedade cooperativa Sons da Costa e o concello de Cee, acordaron que así fose neste primeiro trimestre. Con elo preténdese non entorpecer a planificación e organización do curso que está a piques de comenzar así como o correcto desenvolvemento da actividade diaria docente.

Así, para non interferir na mesma, aproveitarase o parón das vacacións do nadal para poder realizar o traslado de todo o mobiliario e material docente ás novas instalacións da Casa de Cultura.

Pola súa parte, a Escola de Teatro, que dirixen Artur Trillo e Toño Casais, iniciará as súas actividades, no salón de actos da casa do concello, tamén o luns 6 de outubro coas clases para os grupos de adultos, mentra que no caso dos máis cativos o comezo está previsto para o martes 7.

Nova a nova

Fonte

Comentarios