Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A Costa da Morte, presente na Feira de Turismo WTM de Londres

A Costa da Morte, presente na Feira de Turismo WTM de Londres
Suso Lema o presidente do Cluster Cesareo Gzlez Mari Carmen Leis e Picallo na WTM de Londres 2018 A embaixada costeira en Londres, Suso Lema, Mari Carmen Leis e Picallo, co o presidente do Cluster Cesareo González (segundo pola esquerda) na WTM de Londres 2018 Picallo de Solpor con Carmen Pita de Turgalicia Jesús Picallo coa directora de Turgalicia Carmen Pita e a famosa credencial e mapa de Solpor Como xa fixeran os trasnos en 2014, estes días unha pequena expedición da Costa da Morte atópase en Londres promocionando a bisbarra no marco da World Travel Market 2018. Probablemente unha das feiras de turismo máis importantes a nivel europeo, con 2.600 medios de comunicación ou 50.000 reunións. Varias delas serán protagonizadas pola embaixada costeira en Londres, formada por Jesús Picallo, promotor do Semáforo, en representación a Solpor, e as representantes de Muxía Turismo Rural, Suso Lema de Casa de Lema e Mari Carmen Leis de Casa Fontequeiroso. Os tres teñen estes días unha axenda ben apretada, con numerosas reunións con touroperadores internacionais especializados en natureza e camiños europeos. ”É o lugar onde temos que estar porque aquí vén un target ideal para nós como é o público inglés que ten vuelos directos a Coruña e Santiago”, explica Picallo, o único representante da Costa da Morte no Cluster de Turismo de Galicia, o paraugas que acolle o sector galego nesta feira. “É importante ademais estar presente no Cluster”, apunta Picallo, “porque nos abre novos proxectos de cooperación e formación, e de feito xa hai en Vimianzo para as vindeiras semanas un curso de oratoria”. Durante estes tres días ademais de promocionar o Camiño de Santiago, a Gastronomía e as sendas naturais da nosa bisbarra, farán de trasnos promocionando outro dos nosos produtos estrella, como é o Camiño dos Faros. Ademais, durante a estancia están tendo visitas interesantes, como a recepción na Embaixada de Espala en Londres, acompañados pola Ministra de Turismo de España e o presidente e secretario do Cluster, ademais da Secretaria de Turgalicia Carmen Pita. A embaixada costeira fixo entrega da famosa credencial de Solpor do Camiño de Santiago Fisterra-Muxía, para animalo a que coñeza a nosa zona e a consiga. Estiveron tamén co Director General de Paradores Oscar López, que confirma á expedición costeira que Parador de Muxía estará inaugurado antes de que remate o 2019. Jesus Picallo a esquerda na Embaixada de Londres Jesús Picallo na recepción co Cluster na Embaixada de Londres

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-camino-dos-faros-produto-estrella-na-world-travel-market/ https://quepasanacosta.gal/o-camino-dos-faros-espallase-por-londres/

Comentarios