Luns. 13.05.2024
El tiempo

A Cruz Vermella estrea sede en Cee

A Cruz Vermella estrea sede en Cee
nova sede está na antiga ofina de Correos e a partir do mes de outubro atenderá ao público en horario de mañá e tarde- Foto: Rafa Quintáns Dende onte a Cruz Vermella conta cunha nova sede na Costa da Morte que estará instalada na planta baixa da antiga oficina de Correos de Cee. As novas instalacións, de 113 metros cadrados e que conta con dúas oficinas, unha sala de actividades e aseos, albergará os diferentes proxectos sociais que a entidade realiza en favor das persoas máis vulnerables. A presidenta provincial da Cruz Vermella A Coruña, Mercedes Casanova Díaz; e o alcalde de Cee, Ramón Vigo, inauguraron onte a nova sede. Durante a súa intervención, a presidenta da Cruz Vermella sinalou que "en Cee estaremos atentos ás necesidades dos veciños e veciñas da comarca e poñeremos en marcha programas e proxectos que nos permitan apoiar a persoas maiores, á infancia en risco de exclusión social ou a persoas afectadas pola pobreza, entre outros". A presidenta da Cruz Vermella Cee- Foto- Rafa Quintáns A entidade abrirá dende hoxe as súas portas ao público e contará cun equipo técnico ao que sumará proximamente voluntariado. O horario será, no que queda de semana, de mañá e xa a partir do 1 de outubro atenderán pola mañá e pola tarde. Tamén se pode contactar coa sede a través do número de teléfono 981 217 021 ou no enderezo electrónico [email protected] Fonte

Comentarios