Domingo. 01.11.2020
El tiempo

A dirección de Ferroatlántica nega crédito horario a dous membros do Comité

A dirección de Ferroatlántica nega crédito horario a dous membros do Comité
Asemblea do Comite de Ferroatlantica-Foto-Rafa Quintans 3 Membros do Comité durante unha Asemblea-Foto-Rafa Quintáns

Parece que a guerra está botada. A distancia entre os traballadores e o Comité, con respecto á dirección de Ferroatlántica é cada vez maior. A última ten que ver coa negativa de crédito de horas sindicais a dous membros do Comité. Algo que para o Comité supón unha “vulneración do exercicio da liberdade sindical“ que “dá mostra da súa mala fe”.

A situación deuse o pasado 12 de maio, un día despois de que a empresa presentara na Xunta de Galicia a documentación para solicitar a autorización da segregación de actividades. O Comité tiña convocada reunión urxente para tratar as accións a realizar diante desta gravísima noticia. Para poder acudir, algúns dos membros do comité solicitaron o correspondente crédito de horas sindicais, xa que estaban traballando na quenda de noite. Pero a empresa, ”de maneira intencionada e actuando de mala fe, a través da responsable de RRHH da fábrica de Cee, Mª Esperanza Castro Ézara, pretende vulnerar o dereito ao exercicio da actividade sindical negando o crédito horario”.

Para os representantes dos traballadores, “esta decisión resulta especialmente esclarecedora do comportamento da empresa, na situación de conflito aberto que existe actualmente entre os traballadores/as e Ferroatlántica pola intención de vender e segregar as actividades de ferroaliaxes e enerxía”.

A representación social xa presentou denuncia na Inspección de Traballo por estes feitos, solicitando que se fagan as investigacións oportunas e se levante acta de infracción correspondente.

U-la RSC?

Paralelamente a empresa parece tamén desinteresada en manter o respaldo social que viña mantendo nos últimos anos a través da súa Responsabilidade Social Corporativa. A entidade está enviando cartas a numerosas entidades sociais e deportivas da bisbarra coas que colaboraba, anulando eses convenios de colaboración, esquecendo así un dos flotadores sociais que lle facía inquebrantable na zona.

Apoios municipais

https://www.facebook.com/concellocee/videos/1465205933554261/

Onte, os plenos de Cee e Muxía ratificaron o seu apoio aos traballadores aprobando unha moción sobre o asunto.

 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

comentarios