venres. 09.05.2025
El tiempo

A escola de música de Cee abre o prazo de matrícula

A escola de música de Cee abre o prazo de matrícula
A Escola de Música Municipal de Cee vén de abrir o prazo de matrícula para apuntarse nas clases do próximo curso. Estas actividades están dirixidas a maiores de 5 anos e ofrécense especialidades como acordeón, clarinete, frauta traveseira, gaita, guitarra, percusión, piano, saxofón, trompeta, trompa, trombón, bombardino, tuba e violín. Os interesados en anotarse poden facelo ata o 15 de setembro nas oficinas do concello de Cee en horario de mañá. A Escola de Música de Cee contar cunha banda de música, un grupo de vento metal, varios grupos de acordeón, un grupo folk, outro de pop-rock e unha banda de gaitas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Escola de Música de Cee

Comentarios