Luns. 01.06.2020
El tiempo

A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez

A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez
marcos-rodriguez-fotografia A FEPFI acaba de outorgalle a Marcos Rodríguez o recoñecemento de "Maestro Fotógrafo" e o premio de "Calidade fotográfica". Imaxe: Arantxa Suárez De "fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte" a "Maestro Fotógrafo" pasando antes polo premio de "Calidade fotográfica". Todo esto, nunha mesma persoa: Marcos Rodríguez. A Federación Española de Fotógrafos - FEPFI - vén de recoñecer todos os méritos acadados polo fotógrafo de Carballo afincado en Cee ao longo do 2016 enviándolle hoxe dúas cartas. Nunha comunicáballe que cumpre cos requisitos aos que se refire o artigo 19 do Regulamento de Recoñecementos e Méritos da FEPFI polo que lle outorgan o título de "Maestro Fotografo". E na outra, informarono de que despois de obter durante tres anos consecutivos a Colección de Honra (2014, 2015 e 2016) ten os requisitos previstos no artigo 24 do Reglamento de Recoñecementos e Méritos da FEPFI para concederlle o "Premio de Calidade Fotográfica". Aínda non hai data nin lugar para a entrega dos títulos polo que de momento só podemos darlle a nosa máxima noraboa mentras agardamos os resultados dos European Photographer of the Year Awards 2017  - que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais - nos que Marcos Rodríguez é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do ano. O pazo da Cultura de Carballo acolle ata o vindeiro 23 de abril a mostra "Asunción, María e José" na que Marcos Rodríguez captura ducias de historias dos nosos maiores.  A exposición fotográfica pódese ver no andar -1 do Pazo carballés de luns a domingo en horario de 17 a 21 horas.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios