mércores. 18.06.2025
El tiempo

A Olimpiada cultural "O Saber ten premio", o sinal de identidade do IES Fernando Blanco

Gerca na Olimpiada O Saber Ten Premio do IES Fernando Blanco
O equipo "Plato llano" na Olimpiada levou o segundo premio, patrocinado por Gerca
A Olimpiada cultural "O Saber ten premio", o sinal de identidade do IES Fernando Blanco

Este pasado venres celebrouse a gran final da XIV Olimpíada cultural o Saber ten premio, unha das citas máis esperadas do ano no IES Fernando Blanco, "un sinal de indentidade" do centro ceense, que este ano chegou  á súa 14ª edición. Un fermoso xeito de educar xogando.

O concurso desenvólvese en dúas fases, unha primeira fase de preguntas que se desenvolven na plataforma aula virutal resolvendo 30 preguntas tipo test en 20 min, seleccionadas dun gran banco de preguntas, sobre contidos que se desenvolven en materias e módulos que se imparten no centro. Desas semifinais pasan tres equipos que compiten na Gran final que se celebrou o venres 13 á que acoden os representantes das empresas patrocinadoras, Xeal, Gerca e Ferretería Roget acompañados da dirección do centro e da inspectora de educación. 

Os tres equipos finalistas disputaron unha primeira fase de preguntas novamente en directo nun salón de actos completamente ateigado de profesorado, familias e alumnado. Os dous equipos de maior puntuación na fase de preguntas pasaron ao gran debate, que este curso tiña un tema moi interesante: Deberíase limitar o crecemento do turismo na Costa da Morte?

Olimpiada O Saber ten premio IEs Ce

Os equipos Plato Hondo e Plato Llano fixeron un debate máis que interesante moi valorado polo xurado e deixando ao público moi contento en relación á defensa das súas posturas. Foi un debate con respecto, compartindo os seus datos e defendendo cada equipo a súa postura que foi precisamente sorteada nese momento.

O equipo gañador da XIV Olimpiada cultural O Saber ten premio foi Plato Hondo, seguido no segundo posto Plato llano e de terceiros o Equipo Rai.

Equipo Planto Hondo da Olimpiada do IES Fernando Blanco
Equipo Planto Hondo foi campión
Equipo O Saber ten premio IES Fernando Blanco
O equipo Rai

Dende o centro educativo queren deixar claro mostrar o seu "gran agradecemento ás empresas patrocinadoras, a todos os equipos participantes, as preparadoras do debate, ao formador Juan Santamaría, profesor en Ourense e especialista en debates, ao presentador Paulo Calvo, ao xurado e acomisión organizadora.

O Saber Ten Premio no IES Fernando Blanco
Foto de familia

Comentarios