A fin de semana deixa un atropelo e o incendio dunha moto en Vimianzo e Cee
Durante a madrugada do sábado ao domingo, xa ás 6:35h da mañá, un un varón tivo que ser trasladado ao Hospital Virxe da Xunqueira despois de ser atropelado. Os feitos tiveron lugar na estrada cara Camariñas, AC-432, concretamente no punto quilométrico 9.
O CIAE 112 Galicia informaba do ocorrido á Garda Civil de Tráfico, ao 061-Urxencias Sanitarias, a Protección Civil, aos Bombeiros de Cee e ao servizo de mantemento da estrada.
Incendio dunha moto
Así mesmo, a mesma noite do sábado, ás 23:00h, os Bombeiros de Cee tiñan que acodir para sufocar o incendio dunha motocicleta na rúa Castelao, preto do Colexio Manuel Rial Mouzo en Cee. Varios veciños xa conseguiran extinguir o lume utilizando cubos de auga e un extintor.
O lume, procedente do motor, puido ser provocado xa que a moto levaba dende a media tarde apagada e nese lugar sen moverse e que sospeitan de alguén. Veciños e Bombeiros avisaron a Garda Civil de Corcubión.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).