A Garda Civil debate cos alumnos do IES Fernando Blanco sobre Redes Sociais
Xa os vemos cada martes antes de Matalobos expallando o seu traballo. A campaña de achegamento da Garda Civil está sendo das máis importantes da última década e dende a televisión como dende os centros educativos, a Benemérita quere amosar de preto o seu traballo.
Hoxe damos conta da visita dunha axente ao IES Fernando Blanco de Cee. Unha axente que tratou o asunto das redes sociais, dende o punto de vista do "mal uso" das mesmas.
A dirección do Centro amosou a súa preocupación e or iso que o Departamento de Orientación ven de organizar unhas charlas para o alumnado do centro que foron impartidas por unha experta no tema da Garda Civil, quen lles informou sobre as situacións de perigo nas que se poden atopar e tamén das medidas de seguridade que deben adoptar cando usan o facebook, o tuenti, o twiter ou calquera outra rede social. Todos os alumnos seguiron a charla con gran interese.
Así, a dirección do instituto ceense considera que "os nenos e nenas deben ser conscientes de que se se utilizan de forma indebida poden acarrear moitos perigos".
Novas relacionadas
- Os cativos do CEIP Vilarmide únense á campaña Galicia en color para chamar a atención dunha famosa.
- Máis escolares de Cee que coñecen o seu pasado.
- O proceso de creación dun mural cos alumnos do IES Terra de Soneira.
- Ciencia e Tecnoloxía: Pechan Megaupload. Que está acontecendo?.
Fonte
- Información da man de Consuelo Trillo Lago, Directora do IES Fernando Blanco.