A #ILPBosqueAutóctono busca apoios na Costa da Morte

10:49 21/02/18

Argumentario
Avanzan dende os colectivos que “entre as razóns que nos levan a presentar esta Iniciativa Lexislativa Popular encóntranse, entre outras, que as políticas aplicadas desde entrada en vigor do Plano Forestal de Galiza (1992) non conseguiran compatibilizar os aspectos produtivos do monte coa conservación dos hábitats naturais e en particular o bosque autóctono, así como que este Plano Forestal previa no horizonte de 40 anos que a presencia do eucalipto non superara as 245.000 hectáreas e segundo o Inventario Forestal Nacional (IFN) de 2009 o eucalipto ocuparía unha extensión de 433,915 hectáreas, isto é case o duplo do previsto para 2032”. Unha situación agravada nos últimos tempos pola aparición dunha nova especie de eucalipto, o Eucalyptus nitens, que “se ven sumar aos plantíos xa existentes, xunto cos que medran fora de ordenamento, isto é, asilvestrados e ventureiros, o que permite que a día de hoxe se poda estar a falar de que o eucalipto estaría a ocupar unha extensión próxima ás 600.000 hectáreas. Este forte incremento vese favorecido pola aposta por un modelo de explotación do monte intensamente forestalista, que aposta pola plantación de especies de crecemento rápido que non deixan valor acrecentado na nosa terra, xunto coa aplicación dunha Política Agraria Común (PAC) que está contribuíndo a destrución das economías familiares en beneficio das multinacionais mediante a imposición de prezos ridículos o que provoca o abandono do rural e a conseguinte extensión do monocultivo destas especies sobre as terras agrarias abandonadas. Esta ocupación está tamén a atinxir aos espazos protexidos, contravindo a lexislación vixente”. Os colectivos lamentan tamén “a escasa superficie ocupada polos montes de propiedade pública, cando a vocación destes espazos ten de ser a conservación dos valiosos hábitats naturais, chave para amortecer o cambio climático, que xa temos aquí, a conservación da natureza e a redución do impacto dos lumes forestais”. Así, explican que “esta ILP aposta por un modelo produtivo sustentábel, multifuncional e socialmente inclusivo. Propomos o recoñecemento dos montes veciñais en mao común como unha titularidade distinta da pública e da privada, así como a prohibición de repoboacións forestais en zonas dedicadas a labradío, cultivo, prados e pastos, con independencia da súa cualificación urbanística”.Moción polos concello
Durante esta semana, as entidades presentarán en todos os Concellos da Costa da Morte, unha moción para o seu debate en pleno na que se solicita o apoio da Corporación Municipal á proposición de lei, por iniciativa lexislativa popular, para a protección dos hábitats de bosque autóctono, a racionalización da xestión do monte e a loita contra os incendios forestais, así como animar á veciñanza a apoiar esta ILP.Novas relacionadas
- 60 organizacións de toda Galicia lanza unha ILP contra a invansión dos eucaliptos.
- O sábado 10 de marzo, Corcubión acolle unha mesa debate por outra xestión forestal.
- Corcubión declárase como “Concello libre de eucaliptos”.
- Francisco Santiago López: “A inundación de eucaliptos en Galicia é un verdadeiro un desastre medioambiental”.
- Unha Boca de Sapo para que Corcubión se declare “Libre de Eucaliptos”.
- A futura carballeira de Laxe.
- “Se prantamos, ao planeta axudamos”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).