Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A listaxe de apoios a Miro Villar segue aumentando

A listaxe de apoios a Miro Villar segue aumentando
Miro Villar Xa nos fixeramos eco do movemento de apoio xurdido no eido da cultura da Costa, a raíz do trato que lle deron este ano dende a Feira do Libro de Cee a Miro Villar, un dos escritores máis recoñecidos da Costa da Morte, e natural do concello da Xunqueira. Cada vez son máis os asinantes relacionados co mundo da cultura na nosa bisbarra, chegando xa aos vinte. Entre eles figuran escritores como Xan Fernández Carrera, Marilar Aleixandre, Miguel Vázquez Freire, Luís Lamela García, Chisco Fernández Naval, Xelucho Abella, Fernando Cabeza Quiles, Miguel Anxo Mato Fondo ou Xosé Henrique Rivadulla Corcón. Tamén asinaron o manifesto poetas como Mónica Góñez Silva, María Lado, Alexandre Nerium, Xoan S. Pazos, David Creus, Paco de Tano, Xaime Trillo, Rosalía Fernández Rial, ou Modesto Fraga. Hai máis asinantes, como o profesor Xavier Villar Trillo, o director de Paradores Julio Castro, os actor Germán Martínez Traba e Tomás Lijó, a técnico de cultura do Concello de Muxía Vicky Rivadulla, ou o historiador Manuel Vilar Álvarez. Os organizadores desta iniciativa, entre eles, o voceiro do BNG de Fisterra, Modesto Fraga, pretenden enviar as sinaturas aos medios de comunicación cando o número de firmas sexa considerable.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da organización, da man de Modesto Fraga Moure.

Comentarios