Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A natación tamén chega aos programas lectivos dos centros de ensino de Cee

A natación tamén chega aos programas lectivos dos centros de ensino de Cee
Rapaces do Colexio Manuela Rial facendo natación en horario lectivo co programa Natación na Escola

No pasado mes de xaneiro deu comezo o programa "Natación na Escola" nos centros educativos de Cee que contan con unidades da E.S.O. Un programa perfectamente compatible co do Mar na Escola, que leva tamén as sesións de vela ás horas lectivas.

O programa xurdiu por iniciativa do Departamento de Deportes do Concello de Cee que dirixe Manoll Calo, coa intención de que, dentro das clases de Educación Física (nun trimestre), puidesen vivenciar a natación.
Esta actividade púidose levar á práctica grazas ao apoio de Ferroatlántica (que financia o 50% do programa), o Concello de Cee (30%) e o 20% restante é aportado por cada un dos tres centros educativos (a partes iguais): o IES Agra Raíces, o IES Fernando Blanco e o Colexio Manuela Rial Mouzo.
De igual modo sinalar que a empresa que gestiona a Piscina Municipal de Cee (Aquacenit SL) tamén posibilitou que o programa vise a luz xa que axustou o custo da actividade.

Así, estas serán as datas de visita á piscina dos grupos escolares:

  • Trimestre A: xaneiro, febreiro e marzo IES FERNANDO BRANCO.
  • Trimestre B: marzo, abril e maio COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO.
  • Trimestre C: abril, maio e xuño IES AGRA DE RAÍCES.

Novas relacionadas

Fonte

  • Departamento de Deportes do Concello de Cee.

Comentarios