Luns. 22.04.2019
El tiempo

A solidariedade da comarca deixou a súa pegada polo Día Mundial contra o Cancro

Carballo verde polo Dia do Cancro
Carballo verde polo Dia do Cancro
A solidariedade da comarca deixou a súa pegada polo Día Mundial contra o Cancro

Volveu estar a Costa da Morte moi presente no Día Mundial contra o Cancro. O propio luns foi o día no que o Concello de Carballo tinguíase de verde para celebrar un simbólico acto de respecto e concienciación. Antes, pola mañá, a Asociación Española contra o Cancro coa colaboración do Concello, saían ás rúas para presentar a campaña  "Achégate á miña realidade", que pretende realizar axuda psicolóxica á doentes e familiares de balde.

Tamén volveu saír a Xunta Local de Cee da AECC á rúa. Fíxoo coa súa habitual mesa informativa ás portas do Centro Comercial Finisterrae.

Aproveitou o domingo de feira para adiantar a saída a entidade, protagonizando unha xornada onde a solidariedade da xente da comarca volveu deixar fonda pegada, con novas persoas que se asociaron á causa.

O grupo Airiños de Brens axudou coa súa música popular nunha mañá na que se puido sentir a acollida da comarca.

Máis actividades

A Xunta Local de Cee da AECC, está aberta a suxerencias, continuando con novas charlas ademais de outras actividades nos concellos do seu ámbito de referencia, entre elas estase a preparar con degoxo a comida solidaria prevista para o 12 de Maio.

A AECC en Cee polo Dia Mundia contra o Cancro Familia da AECC en Cee polo Dia Mundia contra o Cancro

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-costa-volcase-polo-dia-mundial-contra-o-cancro-de-mama/

Comentarios