xoves. 01.05.2025
El tiempo

A unión fai o Camiño

A unión fai o Camiño
Foro do Camino de El Correo Gallego Asisitentes ao Foro do Camiño de El Correo Gallego

A necesidade de manter a unión foi precisamente a conclusión máis importante do Foro Foro Camiño de Santiago Fisterra-Muxía, organizado polo Correo Gallego o pasado venres na Casa da Cultura de Cee. Un Foro, armado pensado para a divulgación e a posta en valor do "NOSO" Camiño.

A necesidade desa unión e cooperación do sector hostaleiro, do sector político e da sociedade costeira, foi a conclusión na que todos os poñentes e asistentes fixeron máis ficanpé para seguir mellorando esta prolongación xacobea.

Mesa de Alcaldes no Foro de El Correo Gallego sobre O Camino Mesa de Alcaldes no Foro de El Correo Gallego sobre O Camiño

Pasaron polas mesas do Foro unhas 80 persoas, entre elas o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez; o deputado provincial, José Manuel Pequeño; os 9 alcaldes da Ruta (Ames, Negreira, Santa Comba, Mazaricos, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra e Muxía); presidentes e representantes das patronais Solpor, APCTM, Neria, Fecom e Gremio de Hospedaxe de Compostela e Camiños de Santiago; hosteleiros do Camiño, hospitaleiros, técnicos en turismo e desenvolvemento local, entre outros.

Máis conclusións

Mesa de especialistas no Foro do Camino de El Correo Gallego Mesa de especialistas no Foro do Camiño de El Correo Gallego

Houbo moitas ideas interesantes, sobre todo as que sacaron os especialistas:

  • O xerente do Xacobeo abogou pola creación dunha Mesa deste Camiño (xa a hai no Portugués), con todos os sectores e administracións implicados), que se reuniría cada tres dous-tres meses.
  • Antón Pombo, presidente de Solpor, abogou pola delimitación oficial e a declración de Patrimonio da Humanidade pola Unesco deste Camiño.
  • Todos coinciden na necesidade dun Plan de sinalización da Deputación.
  • Tratar de evitar os erros doutras rutas, como a masificación do Francés.
  • Solicitar a subsanación das actuais deficiencias do transporte público na zona.
  • Eliminar o asfalto no Camiño (un 60% está asfaltado).
Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
  • CSIC-Galicia

Comentarios