Venres. 19.04.2024
El tiempo

Os navegantes tamén queren facer o Camiño Muxía-Fisterra

Os navegantes tamén queren facer o Camiño Muxía-Fisterra
Cataventos co Porto de Muxia no Salon Nautico de La Rochelle

A empresa xestora do porto deportivo de Muxía convocou a unha xuntanza á Asociación de Empresarios do Camiño de Fisterra-Muxía SOLPOR. No encontro, no que participaron Marcos Trillo, xerente de Cataventos; Antón Pombo, presidente de SOLPOR, e Jesús Trillo, tesoureiro da mesma entidade, foi abordado o interese que amosan moitos dos navegantes que, unha vez amarran en Muxía queren facer o Camiño a Fisterra e Santiago, xa por terra.

O porto muxián pertence a unha rede europea que engloba a uns 200 náuticos e uns 20.000 usuarios de Francia, Inglaterra e España. Os españois son todos do país vasco e de Galicia. De cara a aproveitar este potencial, o presidente de SOLPOR, Antón Pombo vai propoñer que a entidade asine un convenio de colaboración con esta rede, por medio do cal as empresas de SOLPOR ofrecerán un desconto nos seus servicios a eses 20.000 potenciais clientes. A rede dos tres países conta cunha plataforma web, cunha sección de “Bonus Pros”, na que aparecerán os datos das empresas asociadas á entidade do Camiño de Fisterra-Muxía.

Os responsables de SOLPOR e de Cataventos confían en que este acordo dea interesantes froitos, dado que é moito o volume de persoas que se move por todos estes portos. Antón Pombo engadíu que “este tema podemos incluso vinculalo á historia, pois estas chegadas por mar a Galicia están moi estudadas e documentadas xa nos séculos XIV e XV”.

Este acordo ca rede de portos deportivos será precisamente un dos distintos temas que a Directiva de SOLPOR abordará próximamente na xuntanza prevista co xerente do Xacobeo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios