A Xubilación Anticipada dos Policías Locais deixa varios concellos pendentes da renovación de persoal


Panorama complicado o que afronta a Policía Local dos Concellos da volta. O Borrador de Proxcto de Real Decreto que regulará a Xubilación Anticipada para os funcionarios deste corpo policial atópase en fase de exposición pública. Un Real Decreto de gran importancia para a zona porque permitirá aos Locais xubilarse a partir dos 60 anos (máximo 59) sempre que teñan 36 anos cotizados (adiantando a xubilación de 5-6 anos).
O colectivo de Policía Local leva loitando polo adianto da idade de xubilación xa dende que o sacaron os Bombeiros, creando mesmo unha plataforma. Un adianto que en todo caso non lle custaría nada á Seguridade Social, xa que os Policías Locais e os Concellos serán os que asuman os custes dos coeficientes redutores do 0,20.
Os colectivos e os Concellos piden ademais que a Xunta asuma a xestión deste servizo, unha vez que ademais de ser un custe demasiado elevado para as arcas municipais, existen diferencias de ata 500€ entre os soldos duns concellos a outros.
A situación pode chegar a poñer e perigo a seguridade da zona, unha vez que á pouca cantidade de Gardas Civís co que contan as nosas delegacións, hai que sumarlle agora este proceso de xubilización anticipada. O caso é que ao ser o persoal bastante veterano, os Concellos, cada vez con menos cartos para estes gastos, non poderán afrontar a súa renovación, tendo ademais que adecuar o número de axentes á nova lei de seguridade cidadá, que provocaría que por exemplo, un Concello como Corcubión tería que sacar 3 prazas (ou un mínimo de 2) no canto da única actual, se ben podería quedar sen o servizo.
Outros Concellos como Fisterra ou Carballo tamén se verían afectados por estas xubilacións anticipadas, se ben os problemas máis grandes serían nas grandes cidades.
Charlas da UGT

Para manter informados a todos os profesionais a Federación de Empleados de Servizos Públicos (ESP) e a Unión General de Traballadores (UXT) vén de realizar varias charlas informativas abertas a todos os Policías Locais da comarca. O pasado luns estivo Luís Baneira facendo unha exposición na sé de UXT de Cee. Varios afectados pola situación acodiron para escoitar os apuntamentos de Luís Baneira e Viqueira, responsables da UXT que explicaron como será o procedemento.
Prevese que a Lei entrará en vigor en febreiro de 2018. En setembro a UXG continuará con estas charlas informativas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).