Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Xunta esixirá a apertura do Castelo de Ameixenda

A Xunta esixirá a apertura do Castelo de Ameixenda
Castelo do Principe- Ameixenda-Cee por dentro-Foto-Ideaista Castelo do Principe por dentro-Foto-Idealista

Parece que finalmente a Xunta si que tomou en consideración a petición da Plataforma en Defensa do Castelo de Ameixenda no Valedor do Pobo para reabrir ao público o Castelo de Ameixenda, como obriga a lei ao ser un Ben de Interese Cultural. A pesar dos 3 meses de silencio administrativo, a Xunta notifcoulle finalmente a Valedora os últimos movementos, e esta llos remitiu aos denunciantes, Pablo Álvarez da Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe e o voceiro do BNG de Cee Serxio Domínguez.

A Xunta envioulle un escrito ao propietario o 30 de novembro requirindolle que cumpra a lei e que abra ao público. O propietario respondía que habúa unha serie de riscos polos que non se pode abrir de forma momentánea a público.

Agora o que parece estar a facer a Xunta é valorar o informe de riscos e estudialo ben, e vai proceder a facer unha inspección ao Castelo para comprobar a existencia deses riscos. E se hai riscos, comprobar se non son provocados polo incumprimento do deber de manter en boas condicións o castelo, de preservalo BIC.

A partir da inspección a Xunta ten o prazo dun mes para explicar que se vai facer para que se poida proceder á esa apertura que pemitirá recuperar eses beneficios turísticos, económicos, culturais e históricos, que demanda a plataforma.

Mentres, o edificio segue en venda a través da plataforma Idealista, na que se piden 6 millóns de euros.

Visita do BNG Nacional

Ese venres ás 17:15 a deputada do BNG Olaia Rodil estará cos membros do BNG local e a Platafoma na porta do castelo de Ameixenda. Ao remate irán ate Fisterra.

Artigos de Víctor Castiñeira sobre o Castelo do Príncipe

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios