ADECOM presentou máis de medio millar de sinaturas contra o Parque Eólico de Sembra
 
          
    10:20 21/08/21 
            Tralo proceso de recollida, a Asociación en Defensa da Costa da Morte presentou no rexistro do Concello de Cee 530 sinaturas contra o parque eólico de Sembra. Un proxecto que ademais de Cee, tamén afecta a Dumbría e Fisterra.
A entidade presentounas “coa esperanza de que as administracións do estado desautorice ese proxecto polo seu impacto ambiental e o rexeitamento social evidente".

 
       
       
             
             
         
           
          