Martes. 15.10.2024
El tiempo

Adrián Leira preséntase ás Eleccións Municipais de Cee

Adrián Leira preséntase ás Eleccións Municipais de Cee
Adrian Leira candidato en Cee Adrián Leira será candidato a alcaldía en Cee Van estar máis que vividas estas Eleccións Municipais de 2019 en Cee. Xa estivemos ollando os movementos entre PP e Ciudadanos, pero unha das bombas informativas máis esperadas é a presentación de Adrián Leira como cabeza de lista. Ata setembro non coñeceremos o nome do partido nacional que levará a súa papeleta pero este coñecido dinamizador do tecido social e económico de Cee protagonizará un dos carteis da campaña. Era unha nova que tiña que chegar antes ou depois. Un mozo sempre moi pendente da vida política da vila da Xunqueira, que despois de dar pasos no mundo da comunicación na radiONeria, despois de ver mundo, e despois de rescatar ao UC dende a presidencia, parecía claro que ía dar o salto á política. Independiente confeso (nunca foi militante de ningún partido), non ocultou no seu día a súa boa relación con IxCee, e tamén estivo a piques de formar as Novas Xeracións do PP en Cee. Precisamente, nese momento foi cando comezaron as súas discrepancias con Antonio Domínguez. “Creo que Domínguez ten un modelo antigo, e é certo que foi alcalde con maioría absoluta pero acabou saíndo a patadas”. A súa relación con Ramón Vigo tampouco parece estar no mellor momento. “Non estou contento cos últimos anos de Vigo pois todo o mundo ve que o pueblo está abandonado. A Ramón, considéroo un amigo e como tal dígolle que debería ir descansar”, explica Leira despois de asegurar que recibiu unhas mensaxes case que ameazantes dos outros dos candidatos cando lles avanzou a súa intención de presentarse. Nese sentido, apunta que serán “unhas eleccións bonitas, pero algo dopadas, pois en Cee hai moito voto comprado”, sinala. E deixa claro que “non vou por un interese económico porque teño a vida resolta”, e que “non pido á xente de Cee que me dean o voto, pero si que que mo presten 4 anos, e se non lle gusta o meu traballo, que para as seguintes fagan co seu voto o que consideren apropiado. Aquí non se pagan nin cobran favores”.

Un Coreano para Korea

A presidencia do UC. Cee foi un paso adiante na súa carreira pública A presidencia do UC. Cee foi un paso adiante na súa carreira pública Leira quere recoller o testigo do seu avó, o coñecido Crisanto López Miguez "alias Coreano", que tanto traballo creou no seu momento con Maderas Crisanto. “O que me move é sentir que se poden facer cousas como as que fixo o meu avó, o “Coreano”, que creou moitísimos postos de traballo, e era moi querido, tratado como un pai por centos de persoas nesta vila. Que mellor que un Koreano para dixirir Korea”, bromea. Conta, en todo caso, cunha lista completa de xente para traballar xunto a el, pero anima a todo o mundo a unirse. “A xente que queira cambiar Cee, que non me miren, que se sumen”.

”Quero que Cee volva chegar aos 10.000 habitantes”

Dóeme ver os carteis de “Se vende”, “Se Alquila”… pola vila. Dóeme ver que non hai negocios, que non hai nada, que non se move nada. E por iso, e porque a xente mo pide pola calle, algún mesmo entre lágrimas, preséntome. El pueblo llano es mi cómplice, por iso me presento. Porque a xente confía en min para reconstruír Cee. E a realidade é que temos que reformularnos todos, non só Cee, mira Fisterra que vivía da Pesca e agora faino do turismo. E Cee?”. ”Quero chegar aos 10.000 habitantes, sobre a todo que a xente de aquí que vive fóra, que poida volver traballar á súa casa”. Así de rotundo se manifesta: “Cee é un diamante en bruto e necesita un pulidor, e ese pulidor son eu, asegurando que “van cambiar moitas en Cee, gañe eu ou non gañe, pero as cousas vou facer que cambien.

Universidade e Porto

Entre a batería de ideas que ten na carteira para recolucionar a vila da Xunquera, Leira conta cun acordo asinado, que é o me respalda nestas eleccións, cunha universidade privada onde os rapaces de aquí poderán estudiar na Casa da Cultura, carreiras como Enfermería, Medicina e Odontoloxía. Co Hospital da Xunqueira ao lado, a verdade é que é un caramelo para as universidade, e eu xa conseguín isto, que aínda non gañe, voullo dar ao vindeiro alcalde para quye Cee poida medrar”. Nese sentido, Leira bota a ollada ao pasado glorioso de Cee. “Temos que volver a sentir a crecer Cee e para iso hai que mirar atrás, aos proxectos que xa o fixeron crecer no seu día, como a baleeira, Carburos Metálicos, a empresa de madeiras do meu avó, ou Fernando Blanco. Debemos mirar a nosa historia e potenciar o que nos fixo crecer, por iso ademais da Universidade tamén quero darlle un impulso ao porto de Brens, para que sexa centro loxística para empresas fortes, como Malasa, que teñen moitos traballadores da zona que poderán quedar a traballar na vila”. Ademais ten intención de colaborar con iniciativas activas, como todas as que está a desenvolver as parroquias de Desiree.

De pactos

Así son algunhas das propostas coas que se vai presentar Leira ás Municipais intentando “xuntar a todos e non andar a golpes, unindo non só Cee, se non a toda a Costa da Morte”. E precisamente, falando de pactos, Leira explica que “non vou dicir con quen pactaría, pero ao mellor fago un goberno como Pedro Sánchez, collendos aos mellores de cada grupo. Porque Margot Lamela, por exemplo, é a miña avogada, e Serxio Domínguez do BNG é un tío estupendo, e nas listas dos outros partidos hai moita xente válida. Eu estaría encantado de facer un tripartito ou un cuatripartito”. Terá onde escoller Adrián se consegue formar un goberno, en maioría ou minoría, pois haberá un abano de posibilidades para as eleccións de Cee tremendamente amplo. Por agora haberá papeletas de IxCee, PP, PSdG, BNG, Ciudadanos, (Unión Cidadá aínda non decidíu se se presenta) e o partido de Adrián Leira. Este vindeiro 2019, o debateQPC seguro que cobra unha gran trascendencia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-traizoados-do-pp-de-cee-ofrecense-a-ciudadanos/ https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/ https://quepasanacosta.gal/debate-en-cee-4-candidatos-ausentanse-un-verdadeiro-exercicio-de-democracia-directa/

Fonte

Comentarios