Martes. 15.10.2024
El tiempo

Adxudicada a redacción do proxecto de reforma da área de Urxencias do HVdX

A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visita o hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Punto de encontro na entrada do hospital
10/02/2022
Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou o hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foto: Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Adxudicada a redacción do proxecto de reforma da área de Urxencias do HVdX

Esta mañá o Delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor, anunciaba durante a súa visita a adxudicación da redacción do proxecto de reforma da área de Urxencias do Hospital de Cee. Licitada o pasado mes de outubro, a Xunta adxudicou o proxecto á UTE “Alba Riguera-Carlos Romero”, por un orzamento de máis de 26.000 euros.

A reforma completa contará cun orzamento de 400.000€ e simplemente servirá para que a área de urxencias conte cun circuito específico permanente e independente para a atención e illamento diferenciado dos pacientes con patoloxías respiratorias, incorporando un novo control de enfermería para ese dobre circuito.

Ademais, as novas dependenciais engadirán aos actuais 7 boxes de observacións e ao único existente para pacientes illados, outros 5 boxes todos eles preparados para pacientes illados; e unha nova sala de traballo médico e unha nova de traballo de enfermería.

Novas relacionadas

Comentarios