Luns. 17.02.2020
El tiempo

A AECC organizou unha mesa informativa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

A mesa informativa ubicouse este domingo no Centro Comercial Finisterrae.
A mesa informativa ubicouse este domingo no Centro Comercial Finisterrae.
A AECC organizou unha mesa informativa para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro

A Xunta Local de Cee da AECC aproveitou a xornada dominical para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro, que foi o pasado martes 4 de febreiro, cunha mesa informativa no Centro Comercial de Cee

Este ano baixo o lema "Cancro, a realidade detrás da palabra", a AECC fai un manifesto no que pretende concienciar da importancia de chamar o cancro polo seu nome. O seu obxectivo é loitar contra o silencio e o medo que provoca unha palabra ata agora tabú, para conseguir que o conxunto da sociedade normalice a súa relación con ela. "Porque solo así cremos que moitos deixarán de sentirse solos e solas. E o facemos cas armas máis poderosas: as realidades de todas aquelas persoas que loitan contra ela desde todos os ámbitos posibles", indican.

Neste camiño a Xunta Local de Cee da AECC vai realizar entre outras actividades, dentro da súa área de referencia: Cee, Corcubión e Dumbría; charlas coloquio informativas, sobre investigación e prevención, que serán levadas a cabo por profesionais na materia. A primeira charla coloquio do ano, de prevención do cancro, está prevista para o sábado 29 de febreiro no Concello de Corcubión.

comentarios