Venres. 26.04.2024
El tiempo

Algo se coce no comercio de Cee

Algo se coce no comercio de Cee
Algo se coce nos Empresarios de Cee

Algo teñen no tinteiro, e do que non soltan prenda, os membros da Asociación de Empresarios de Cee. Xa están a preparar a súa próxima cita reuníndose cos diversos sectores. Ratificada en Asemblea a directiva actual presidida por Jaime Juan Casais Leis, os Asociados póñense ao choio para reunir Comercio, Hostelería e o sector do Motor nun evento o 4 e 5 de xuño no que haberá horarios especiais, descontos, actividades, degustaciones, música, bailes, etc. <

Cunha temática moi especial (por agora só sabemos que vai en clave de gomina cincuentera) será todo un premio tanto para os clientes habituais como para os visitantes que se acheguen á vila atraídos pola variedade e as vantaxes da capital do comercio da Costa da Morte.

A directiva confía obter como mínimo o mesmo éxito que en anteriores iniciativas como as Noites Máxicas, Feiras de Sabores (que xa ten en marcha a VII edición), Mercadillo Hippie, Feira de Oportunidades…

Toda a información, cartel e as novidades achega desta nova cita irase publicando a través do facebook da Asoc Empresarios De Cee.

Fonte

  • Empresarios de Cee.

Comentarios