Luns. 14.10.2024
El tiempo
que pasa na costa

O Alumnado do CEIP Vila de Cee corre para para acabar coa leucemia infantil

carrira solidaria CEIP Vila de Cee
O Alumnado do CEIP Vila de Cee corre para para acabar coa leucemia infantil

Fermosa, solidaria e emotiva cita a que viviu esta semana o alumnado do CEIP Plurilingüe Vila de Cee. Da man do seu mestre de Educación Física, e eterno alma do Olimpia, Jorge Lariño, organizaron unha carreira solidaria para poñer o seugrao de area na investigación da leucemia infantil.

carreira solidaria CEIP VILA DE CEE LEUCEMIA

A carreira tivo 5 percorridos diferentes adaptados as diferentes etapas e niveis educativos, no marco da novena edición de La Vuelta al Cole de Unoentrecienmil, a carreira escolar solidaria contra a leucemia infantil. Os fondos recadados destinaranse á financiación de proxectos de investigación que axuden a encontrar a cura desta enfermidade.

“Esta é unha ocasión única para transmitir os valores de empatía e solidaridade ós escolares dende o noso colexio. O noso alumnado correrá por outros/as alumnos/as e desta forma, tanto os pequenos como as súas familias uniranse á causa de Unoentrecienmil”, explica Lariño.

Durante a previa da carreira, explicaron a situación desta enfermidade: Cada ano diagnostícanse en España 300 novos casos de leucemia en idade pediátrica e, desgraciadamente, un 20% dos pequenos non supera esta enfermidade. Polo que “A investigación é o único camiño para cambiar esas cifras e chegar ao 100 por 100 de curación”, explica Jose Carnero, presidente-fundador de Unoentrecienmil.

Esta Fundación dedícase a impulsar proxectos de investigación para encontrar a curación plena da enferidade, o cancro máis frecuente en nenos, impulsando proxectos de investigación relativos a curación plena da leucemia infantil: prevención, protocolos, toxicidade, recaídas e inmunoterapias, entre outros. Un destes proxectos é “Aceleradora Unoentrecienmil” un proxecto da Fundación que incorpora o exercicio físico como parte do tratamento, tras levar a cabo una investigación que demostra que a práctica de deporte acelera a curación do cáncer e diminúe un 17% o tempo de hospitalización. A primeira Aceleradora Unoentrecienmil xa está ofrecendo servicio no Hospital Universitario La Paz de Madrid.

Comentarios