Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O alumnado do IES Fernando Blanco coñeceu as entrañas da Delegación do Goberno

Visita do IES Fernando Blanco a Delegacion do Goberno na Coruna
O alumnado do IES Fernando Blanco coñeceu as entrañas da Delegación do Goberno

Esta mañá, un grupo da rama de Administración de  Formación profesional do IES Fernando Blanco de Cee visitaba a Delegación do Goberno na Coruña. Un total de 34 alumnos e alumnas recorreron as instalacións do edificio e conversaron co persoal da entidade, despois de ser recibidas polo delegado do Goberno, Pedro  Blanco, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

No relatorio previo ao percorrido polo edificio, que lles serviu para  coñecer mellor o funcionamento da Delegación, interviron o secretario 
xeral Alberto de la Fuente, o seu compañeiro no departamento Francisco Muñoz Regueira e Lucía Rodríguez Estévez, contratada baixo o programa de primeira experiencia laboral nas administracións públicas como axente para a adquisición de competencias dixitais por parte da ciudadanía. 

Comentarios