Luns. 14.10.2024
El tiempo

Unha alumna carballésa e un ceense, á final da Olimpíada de Filosofía

Chealse Gonzalez e Brais Vazquez a Olimpiada de Filosofia 2019
Chelsea González e Brais Velay á Olimpíada de Filosofia 2019
Unha alumna carballésa e un ceense, á final da Olimpíada de Filosofía

O vindeiro 14 de marzo terá lugar na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela, a VI Olimpíada Filosófica de Galicia. Alumnado dos institutos de toda Galicia terán o seu primeiro contacto co mundo universitario cunha xornada na que se realizarán as diferentes probas finais (dilema moral, disertación, fotografía e vídeo). Un día disfrutará das actividades de acollemento e difusión da filosofía que a organización ten preparadas para toda a xornada.

Só haberán 16 finalistas (4 por cada categoría), e 2 serán da Costa da Morte.

O alumno Brais Velay Vázquez de 1º Bacharelato de Humanidades do IES Fernando Blanco de Cee, vén de clasificarse como finalista na modalidade de "Disertación". Brais estará acompañado do seu profesor, Antón Pintor.

Polo norte da bisbarra tamén teremos presencia. Será a alumna do IES Isidro Parga Pondal, Chelsea González, a que participe, por segundo ano consecutivo, nesta final despois de que durante o curso pasado chegase á convocatoria nacional. Faino no apartado de vídeo, con esta curta “Afterlife”:

Comentarios