Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un alumno do Fernando Blanco de Cee, finalista na VI Olimpíada Filosófica de Galicia

Olimpiada Filosofica de Galicia
Olimpiada Filosofica de Galicia
Un alumno do Fernando Blanco de Cee, finalista na VI Olimpíada Filosófica de Galicia

O alumno Brais Velay Vázquez de 1º Bacharelato de Humanidades do IES Fernando Blanco de Cee, vén de clasificarse como finalista na VI Olimpíada Filosófica de Galicia na modalidade de "Disertación Filosófica".

As finais celebraranse na Facultade de Filosofía de Compostela o vindeiro día 14 de marzo, onde alumnado de toda Galicia concorrerá a participar nas diferentes probas finais (dilema moral, disertación, fotografía e vídeo) e disfrutará das actividades de acollemento e difusión da filosofía que a organización ten preparadas para toda a xornada. Brais estará acompañado do seu profesor, Antón Pintor.

Comentarios