O pleno do Parlamento volve ratificar a non segregación das producións de enerxía e ferroaliaxes
07:10 23/02/17
Traballadores de Ferroatlántica asistiron á sesión plenaria celebrada onte no Parlamento galego
Onte volviu a haber pleno de control no Parlamento galego. E de novo, o caso Ferroatlántica saltou á palestra. Durante a sesión plenaria de onte, aprobouse a proposta socialista para reclamarlle ao goberno galego que evite a segregación das actividades de produción de enerxía e ferraleacións así como venda das centrais hidroeléctricas dos ríos Xallas e Grande. O Pleno reeditou así o acordo acadado na Comisión de Industria da pasada semana en base a unha iniciativa da deputada socialista Loli Toja.
A deputada socialista dixo que as centrais son “o seguro de vida da comarca, se mire como se mire”, con 400 postos de traballo directos, explotan os recursos naturais, utilizan un terreo e uns recursos declarados de utilidade pública e dispoñen dun Porto –o de Brens- practicamente específico. Ademais Criticou a “falla de transparencia” do goberno galego e lamentou que para o PP esta aprobación sexa só "postureo", como asegurou un responsable do PP. “Postureo é medir a popularidade dunha persoa en base aos selfies”, lembrando as declaracións do secretario xeral do PP a un medio de comunicación nas que sinalaba que “el peso del presidente –Feijóo- en la política nacional se nota por la cantidad de selfies que se hace con todo el mundo”.
O Comité de Ferroatlántica con Feijoó e Ana Pontón ás portas do Parlamento
Ana Pontón advírtelle a Feijóo que se autoriza a venda das centrais asina a perda de 284 empregos na Costa da Morte
A portavoz nacional, Ana Pontón, propuxo facer unha fronte común de todas as forzas políticas para garantir o futuro de Ferroatlántica na Costa da Morte con dous puntos concretos. Por un lado, pechar a porta a calquera venda ou segregación das centrais do Xallas e, por outro, demandar da empresa que cumpra cos seus compromisos con Galiza en materia de emprego e investimento. A dirixente do Bloque levou esta cuestión ao pleno de control do Parlamento, despois de que a multinacional anunciase nun comunicado aos mercados internacionais, -datado en Londres o 1 de febreiro de 2017-, a súa intención de vender as centrais que ten en concesión para amortizar débeda. Pontón interpelou a Feijóo advertíndolle que, se como presidente da Xunta autoriza esta venda ilegal á multinacional, estará asinando a defunción das fábricas na Costa da Morte e a perda de 284 postos de traballo. “Por que levamos 60 anos deixando que Ferroatlántica teña gratis toneladas e toneladas de quilovatios de electricidade? Porque era a única maneira de garantir o emprego. Sen esas concesións a empresa non é viable e pecharía as plantas de Cee e Dumbría, desvincular a explotación eléctrica da industrial, - ademais de ilegal -, supón liquidar 284 empregos na comarca. Así de simple e así de duro”, explicou Pontón.O texto da iniciativa aprobada
O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:- 1. Esixir a empresa Ferroatlántica o mantemento da actividade productiva e dos postos de traballo na factoría de Cee-Dumbría a través das inversións necesarias para este fin. Traballar con Ferroglobe para conseguir o desenvolvemento dun Plan de modernización das súas fábricas en Galicia que conte co máximo respaldo social e sindical.
- 2. Velar polo mantemento das condicións establecidas nos documentos concesionarios vixentes das centrais hidroeléctricas con aproveitamento nos ríos Xallas e Grande, e moi especialmente as seguintes: - a) Non poderán segregarse de Ferroatlántica SA as actividades de ferroaliaxe e de producción de enerxía eléctrica polas centrais. - b) A perda por parte de Ferroatlántica SA da súa condición de titular dos aproveitamentos sinalados ante calquera acredor, memos pignoraticio, será causa de extinción destes nos termos establecidos nos documentos concesionarios.
- 3. Solicitar que os postos de traballo que se derivan da xestión, administración, contabilidade e explotación da división de enerxía, recaian no centro de traballo de Cee-Dumbría-Centrales Hidroeléctricas, como así foi desde sempre, na historia de Carburos Metálicos.
Artigos relacionados
- As viuvas doentes de Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: Unha análise racional de conxunto por Ferroatlántica.
- Pequeño Castro: “Ferroatlántica, unha historia de crecemento económico… e de desastre ambiental”.
- Alberto Riveiro Sambade: O neoliberalismo na Costa da Morte: capitalismo salvaxe, movemento cidadán e acción colectiva (O caso Ferroatlántica).
- José Luís Louzán: Débedas pendentes.
Novas do #CasoFerroatlántica
- 22-02-17: O caso Ferroatlántica volve ao pleno do Parlamento
- 21-02-17: Os traballadores de Ferroaltántica volven a solicitar unha reunión co conselleiro de Economía
- 20-02-17: O Comité de Ferroatlántica avisa a Brookfield mentres Larrea segue presionando a través da prensa
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica.
- 15-02-17: O PSdeG presenta no Parlamento unha proposta non de lei para frear a venda de Ferroatlántica
- 14-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica non cren á Dirección e anuncian a folga
- 13-02-17: Os traballadores de Ferroatlántica decidirán esta semana se van á folga.
- 10-02-17: O PSdG esixe á Xunta “transparencia e legalidade” no caso Ferroatlántica.
- 09-02-17: O Comité de Ferroatlántica segue mobilizándose polo futuro da comarca.
- 09-02-17: O BNG estuda solicitar a intervención da Fiscalía ante a venda anunciada das centrais do Xallas.
- 07-02-17: O BNG reclama no Parlamento a unión dos partidos políticos en contra da venta das centrais hidroeléctricas
- 06-02-17: “Nas Fábricas de Cee e Dumbría fixemos cartos todos os anos dende o 1992”
- 02-02-17: Ferroglobe anuncia unha ilegal venda das centrais e ameaza aos traballadores co peche das fábricas.
- 30-01-2017: A loita do Comité de Ferroatlántica segue en marcha con máis apoios políticos.
- 26-01-17: O Comité de Ferroatlántica avisa aos alcaldes que non se fíen da prensa.
- 16-01-17: Os traballadores de Ferroatlántica volveron berrarlle a empresa o “non á venda das centrais”.
- 12-01-17: O Comité de Ferroatlántica retoma as mobilizacións.
- 19-12-16: O Comité de Ferroatlántica invita a berrar ben alto na última concentración de 2016
- 23-12-16: Os traballadores de Ferroatlántica denuncian a campaña de mentiras que está a facer a empresa.
- 21-12-16: O Comité de Empresa califica de “deja vu” a reunión mantida coa dirección de Ferroatlántica
- 17-12-16: A mobilización por Ferroatlántica non decae.
- 14-12-16: Convocan novas concentracións contra a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 13-12-16: O clero tamén esixe á Xunta a paralización da venda das centrais de Ferroatlántica.
- 08-12-16: A pé para manter unidas a fábrica de Brens e as centrais do Xallas.
- 05-12-16: O Comité de Ferroatlàntica volve á carga con mobilizacións e non descarga a folga.
- 30-11-16: O PP da Costa da Morte reúnese co conselleiro de Industria polo caso Ferroatlántica.
- 26-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o final do encerro
- 26-11-16: Os alcaldes saen relativamente satisfeitos da reunión con Feijoo sobre o caso Ferroatlántica.
- 25-11-16: Os Comités de Cee-Dumbría e Sabón únense contra a segregación e reúnense co PP comarcal.
- 24-11-16: Pequeño: “A día de hoxe, creo que Feijoo non vai deixar abandonada á Costa da Morte”.
- 23-11-16: O PP aproba só a súa moción no Parlamento sobre o caso Ferroatlántica rompendo o consenso:
- 23-11-16: Feijoo recibirá este venres aos alcaldes da comarca.
- 23-11-16: En Marea traslada as demandas dos traballadores de Ferroatlántica ao primeiro pleno da lexislatura.
- 22-11-16: Os traballadores de Ferroatlántica comezan o peche no Concello de Cee
- 15-11-16: O Comité de Ferroatlántica anuncia o encerro no concello de Cee e mobilizacións diarias para esixir a intervención da Xunta de Galicia.
- 15-11-16: As entidades de Cee saen en defensa dos traballadores de Ferroatlántica
- 12-11-16: Manifestación: A Costa da Morte, e as nosas centrais, non se venden.
- 11-11-16: A Costa da Morte sae a rúa para defender os postos de traballo de Ferroatlántica.
- 10-11-16: Alcaldes da zona invitan á cidadanía a apoiar os traballadores de Ferroatlántica.
- 08-11-16: Os grupos parlamentarios, incluído o PP, di non á segregación de Ferroatlántica
- 07-11-16: O Comité de Ferroatlántica inicia a campaña informativa para mobilizar a toda a poboación
- 05-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 04-11-16: O comité de Ferroatlántica abre un periodo de negociacións coa consellería de Industria.
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 03-11-16: O comité de Ferroatlántica reúnese co director xeral de Enerxía e Minas
- 02-11-16: Os alcaldes volven esixir a Feijoo que desautorice a venda das hidroeléctricas de Ferroatlánticas
- 31-10-16: O Presidente de Ferroatlántica recibe os berros da Costa da Morte.
- 31-10-16: A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica.
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Outubro 2015: Piden a paralización das obras do río Xallas tras recoñecer a Xunta irregularidades na construción.
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)