As Europeas a debate en Carballo con Anova e as pensións en Cee co BNG


Anova organiza en Carballo un acto aberto sobre a proposta de fronte ampla para as eleccións europeas. Será en Carballo, o vindeiro xoves, día 21 de novembro, ás oito da tarde no Pazo da Cultura na Rúa do Pan.
Contarán coa presenza de Antón Sánchez García, deputado no Parlamento Galego pola Coruña, e de Mario López Rico, responsábel de Comunicación de Anova.
Charla en Cee sobre os pensionistas
Esta tarde o BNG organiza un acto sobre a problemática cos pensionistas enCee, ás 19:30h no Salón de Actos do Concello, coa participación de Serxio Domínguez, responsable comarcal, e Montse Prado, deputada do BNG.
Entende o BNG que "Galicia ten ao redor de 700.000 mil pensionistas, coas pensións mais baixas de todo o estado, e que é, en moitos casos, o único sostén de familias enteiras, polo que a repercusión aquí será maior aínda." Ademais, critican que "o PP decide sacar do fondo de pensións 33.000 millóns de euros, o que nos leva a unha perda de entre o 20 e 30 por cento do valor das pensións, unha media de 1500 euros ao ano. Afondamos así no retroceso que comezou o Psoe na época Zapatero".
Novas relacionadas
Fonte
- ANOVA.