Luns. 20.05.2019
El tiempo

Antón Pombo leva a Maxia do Camiño ao Manuela Rial

Anton Pombo levou a Maxia do Camiño ao Manuela Rial
Anton Pombo levou a Maxia do Camiño ao Manuela Rial
Antón Pombo leva a Maxia do Camiño ao Manuela Rial
Antón Pombo leva a Maxia do Camiño ao Manuela Rial

Grande acollida tivo a conferencia do pasado venres 3 de maio, “A maxia do camiño” (Experiencias dos peregrinos ao longo dos tempos) na comunidade educativa do CPR Manuela Rial Mouzo.

O xornalista e historiador Antón Pombo, unha autoridade na materia, debullou no Salón de Actos do colexio ceense un ronsel de anécdotas arredor do fío condutor da maxia que desprende o camiño. O alumnado da ESO ademais de nais e pais foron testemuñas dunha conferencia que despertou o interese dos presentes.

O conferenciante, con sona de investigador e difusor acreditado dos valores xacobeos, meteuse ao novo público no peto cunha linguaxe cercana e ton distendido, mais tamén coa súa probada erudición.

Comentarios