Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O PP presenta este sábado en Corcubión aos candidatos do Partido Xudicial

O PP presenta este sábado en Corcubión aos candidatos do Partido Xudicial
PP comarcal en Cee Imaxe da última reunión do PP comarcal en Cee O PP Provincial vén de anunciar a a que será a presentación oficial dos candidatos ás eleccións municipais de maio de 2019 dos concellos do Partido Xudicial de Corcubión (comarcas de Fisterra e Soneira). A cita, que será presidida polo presidente provincial, Diego Calvo, será este sábado 22 de setembro, ás 18:30 na Casa da Cultura de Corcubión. Teremos que agardar ata esa dara para saber todos os nomes, malia que a maioría xa parecen claros.

Confirmado Antonio Domínguez

Antonio Dominguez volve a politica co PP de Cee-Foto-MR Antonio Dominguez volve a política no PP de Cee-Foto-MR Xa é oficial. Como avanzábamos en maio, Antonio Domínguez volverá ser o candidato á alcaldía de Cee polo PP nas eleccións municipais do vindeiro maio de 2019. Así no lo confirmaba esta mañá a xestora local. O que fóra alcalde ceés entre 2001 e 2007 volve á postularse como candidato a unhas eleccións que estarán moi concorridas, e nas que participarán o grupo actual de goberno, IxCee (que aínda non confirmou candidato), o PSdG, BNG, Ciudadanos, Adrián Leira (aínda non confirmou as siglas) e, aínda por confirmar, Unión Cidadá.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/antonio-dominguez-dimite-da-presidencia-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro-en-cee/ https://quepasanacosta.gal/o-pp-de-cee-renovase-complemente/ https://quepasanacosta.gal/os-traizoados-do-pp-de-cee-ofrecense-a-ciudadanos/ https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/ https://quepasanacosta.gal/adrian-leira-presentase-as-eleccions-municipais-de-cee/

Comentarios