APEM e Aspadex abren o Nadal


Fermosas datas estas para as familias de APEM e Aspadex. Os usuarios de ambos centros seguen compartindo momentos especiais, como fixeron coa paraugada do Día da Diversidade. Onte deixaron chea de adornos a “Árbore da Igualdade”, unha árbore de Nadal de 3 metros de altura que fixeron a través dunha iniciativa do departamento de Educación Familiar en colaboración co CIM local. Os usuarios foron os creadores dos adornos xunto cos nenos e nenas das Escolas de Brens e Pereiriña, e xa a árbore preside a Casa da Cultura de Cee.
Pola tarde foi día de festa no Centro de APEM. Disfrutaron da festa de Nadal, e o pasaron de medo. Moitos familiares e xente da volta non se quixo perder as actuacións, tanto da Coral do Centro Social, como dos propios chic@s que interpretaron cancións de Bisbal, Juan Pardo… facendo as risas de todos os presentes.
