Aquí non se tira nada: Carrito para cans

Tras coñecer a campaña Eu si quero feismo en Galicia, continuamos na liña da reciclaxe e a imaxinación con esta nova sección en QPC na que as imaxes son as protagonistas. Dando un xiro ás clásicas “Chapuzas galegas” que todos os xornais do país recollen, en QPC prantexamos a idea como unha demostración do enxeño dos galegos para reciclar. “A vida útil do inútil” podería ser perfectamente o tagline da sección.
E se ben, non a puido cazar de preto, Manuel Pan non quixo perder o momentazo para compartilo pola rede. E parécenos unha proposta fantástica para ir ao mercado e non ter que cargar ás bolsas. Un xeito de facer traballar aos nosos compañeiros animais.

Envíanos a túa foto
Agardamos ir recuperando todas estas escenas do agro, e do urbano, da Costa da Morte. Quen mellor que vós para contarnos estes exemplos de enxeño dos vosos arredores.
Animávosvos a que nos mandedes imaxes deste calado, así como fotodenuncias, a info@quepasanacosta.gal.
Novas relacionadas
Aquí non se tira nada!
- Aquí non se tira nada: O sinal incorporado.
- Unha árbore de Nadal reciclada.
- Aquí non se tira nada: Un local de ensaio feito na casa.
- Aquí non se tira nada: A Petenera Agrícola.
- Aquí non se tira nada: A Petenera Móbil.
- Un columpio de tuberías.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).