Luns. 16.09.2019
El tiempo

As Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo convocan sendas concentracións tras a posta en liberdade dos membros da Manada

As Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo convocan sendas concentracións tras a posta en liberdade dos membros da Manada
A posta en liberdade provisional baixo unha fianza de 6.000 euros dos cinco membros da "Manada" decretada a última hora de hoxe polo xuíz que instrúe o caso está a provocar unha forte repulsa nas redes sociais e tamén entre moitos colectivos. O primeiro da Costa da Morte en reaccionar foi a organización feminista Busena que vén de facer un chamamento de emerxencia ante esta decicisión xudicial. Unha vez máis, sairán ás rúas para berrar ben alto que "se é machista non é xustiza". A concentración está convocada para mañá, 22 de xuño, ás 20:30 horas na praza 8 de Marzo de Cee. O pasado mes de abril, xa se fixo outra manifestación en Cee por este caso.

Concentración en Carballo

Concentracion no Circulo Feminista de Carballo Concentracion do Circulo Feminista de Carballo O pasado mércores, o Circulo Feminista de Carballo realizou unha concentración en Carballo en repulsa polos crimes machistas que sucederon nestes dous últimos días, nos que se inclúe o asasinato de María Magdalena Moreira no Porriño. Ademais, a entidade convoca unha nova concentración pola posta en liberdade condicional, cunha sanción de 6.000€, de La Manada hoxe 22 de xuño de 2018, na Praza do Concello de Carballo ás 20 horas.

Novas relacionadas

Comentarios