ASPADEX e APEM volven xuntarse cunha paraguada de cores

06:16 01/12/18

Como fixeron o ano pasado, as entidades ASPADEX e APEM únense baixo un mesmo paraugas para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A paraguada de cores será este luns 3 de decembro, ás 12:00h na Praza 8 de marzo de Cee (en caso de choiva será na Casa de Cultura), e será un bo xeito de representar unha sociedade plural e diversa que acolle a todos/as por igual.
Ó acto poderán asistir todas as persoas que o desexen, terán que levar un paraugas que simbolice a unión do colectivo das persoas con discapacidade, que teñen unhas reivindicacións e necesidade comúns.