xoves. 01.05.2025
El tiempo

Aspadex estrea furgoneta

Aspadex estrea furgoneta
deputacion-furgoneta-aspadez Membros da Deputación da Coruña entregaronlle onte o novo vehículo adaptado ao presidente de Aspadex A deputada responsable da área e Benestar Social da Deputación da Coruña - Ánxela Franco -; o deputado e alcalde de Dumbría - José Manuel Pequeño -; e o deputado e alcalde de Zas - Manuel Muíño-, entregaron onte á Asociación de Pais de Nenos Deficientes Físicos e Psíquicos da comarca Xallas-Cee (Aspadex), o segundo dos vehículos adaptados cos que a institución provincial está a apoiar ás entidades sen de ánimo de lucro do ámbito dos servizos sociais, co ánimo de contribuír á mellora da prestación dos seus servizos. Tras facerlle entrega das chaves do novo vehículo adaptado ao presidente de Aspadex, Evaristo Ramón Lema, a deputada e responsable da área de Igualdade e Benestar Social, Ánxela Franco, subliñou que “mellorar o equipamento e colaborar na optimización dos servizos que prestan entidades como Aspadex é unha cuestión fundamental para a Deputación da Coruña” pois, “o grande labor social que desempeñan diariamente contribúe dun xeito significativo a mellorar a calidade de vida destas persoas e dos seus familiares”. Ánxela Franco visitou o pasado mes de xuño as instalacións do centro ceense para coñecer de preto as actividades e as demandas dos usarios e usuarias. Pola súa banda, José Manuel Pequeño, destacou a “longa traxectoria de colaboración” que a Deputación mantén dende hai anos con Aspadex Cee e a “inxente labor social” que realiza a entidade, que presta servizo a preto dun centenar de persoas con algún tipo de discapacidade intelectual dos concellos da comarca. A entrega de onte, fica marcada dentro do programa de adquisición e cesión de vehículos a entidades sen fin de lucro sociosanitarias, representando a segunda das doazóns da institución provincial, despois da realizada o pasado 7 de agosto á Asociación Afes-Portanova de Narón. Así, a Deputación da Coruña levará a cabo nas vindeiras datas nove entregas máis, mediante un programa para o que consignou unha partida orzamentaria de 373.163 euros.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-deputada-nacionalista-anxela-franco-quixo-conecer-de-preto-as-actividades-e-as-demandas-de-aspadex/ “Un único paraugas para APEM e Aspadex polos dereitos das persoas con discapacidade” — Que pasa na costa “Aspadex estrea furgoneta gracias ao apoio da Obra Social La Caixa” — Que pasa na costa “O mantemento dos xardíns de Muxía por Aspadex, un gran exemplo da inclusión laboral” — Que pasa na costa Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Deputación da Coruña

Comentarios