Aspadex recolleu a Medalla Fernando Blanco da man das asociacións ceenses
11:59 07/12/10
A Asociación ASPADEX foi a galardoada coa Medalla Fernando Blanco 2010, despois das votacións das asociacións do Concello. Dos sete candidatos, Perfecto Castro, Lorenzo Castiñeira, Carlos Oliete, Concha Blanco, Ramón Vigo Vázquez, ASPADEX e APEM, quedou excluída na primeira votación Concha Blanco.
Na votación definitiva ASPADEX acadou 10 votos, quedando en segundo lugar Ramón Vigo Vázquez con 6 e o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete, en terceiro lugar con 5 votos.
Onte luns tivo lugar a entrega de premios. Evaristo Lema, presidente da Aspadex, recolleu o premio da man de María Junquera Cambeiro e Ramón Vigo. Lema lembrou a Concha Seoane, directora do centro.
O luns, ademais do pasarrúas coa Banda da Escola de Música de Cee, o Trío de corda “Canon” amenizou a entrega de premios.
Novas relacionadas
- Aspadex e Apem culminan o seu encontro coa vela.
- Os grumetes de Aspadex bautizáronse con Cataventos.
- Aspadex e Apem éncontrase a vela con Cataventos.
- A festa do deporte de Aspadex.
- Un día en Aspadex.
- O proxecto Gavea de vela para discapacitados participa na X Volta Náutica.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotografía de Marcos Rodríguez.