Aspadex renova o seu equipamento
07:18 11/11/15
A Deputación financiou a adquisión dos novos equipos informáticos de Aspadex
Un ano máis, a Deputación da Coruña colabora coa Asociación Aspadex de Cee coa renovación do equipamento informático e con melloras nas súas intalacións.
Os fondos permitiron restaurar os muros da instalación, que despois de vinte anos de construcción, estaban en mal estado e non cumprían coas súas funcións.
Ademais, esta colaboración da Deputación permitirálle a Aspadex traballar coas novas tecnoloxías grazas á adquisición de novos equipamentos informáticos que substitúen os anteriores que xa foran doados previamente e que se atopaban deteriorados polo uso. Xunto cos equipos informáticos, o centro fíxose con outros recursos audiovisuais - un proxector e unha pantalla -.
Por outra parte, segundo indican dende a asocación, a Deputación mostrou o seu compromiso co programa "Respiro familiar" que é un dos mellor valorados tanto polas familias como polos propios usuarios.
O centro de Aspadex está situado no lugar de Vilar de Toba, en Cee, e actualmente atende 80 usuarios.
Novas relacionadas
- Os usuarios de Aspadex disfrutan como nunca do seu tempo de Lecer
- Aspadex medra formándose.
- 80 usuarios Aspadex seguirán tendo grandes doses de tempo libre.
- Un novo apoio económico para Afaber, Aspaber, Vieiro, Apem e San Xoán Bautista.
- Aspadex e Aspaber unen formas para unha dar unha formación de máis calidade.
- Un ano completo de lecer inclusivo na familia Aspadex.
- 30 anos con Aspadex.
- Aspadex coñece a fin da terra en cruceiro.
- Redacción QPC ([email protected])
- Aspadex