Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Aspadex medra formándose

Aspadex medra formándose
Curso de Primeiros Auxilios en Aspadex

É a formación un dos sinos da asociación Aspadex, e nesa liña vén de renovar por tres anos máis o seu certificado de calidade en base á norma ISO 9001, logo de pasar a auditoría pertinente. A entidade conta con esta certificación desde o ano 2012, no que se certificaron por primeira vez, e segundo nos conta o persoal do propio centro “o sistema de calidade permitiunos aprender máis sobre o modo de facer as cousas, detectar os problemas canto antes e contar cunha sistemática para liquidar as incidencias que van xurdindo. En definitiva, permítenos dar un mellor servizo, maior coordinación entre os distintos departamentos e maior visibilidade do noso traballo de cara ao exterior. Isto reflíctese nuns bos resultados a nivel satisfacción tanto de familias como das persoas con discapacidade ás que atendemos”.

A preocupación por dar un mellor servizo da asociación non só se reflexa nesta certificación de calidade, senón tamén nos distintos cursos de formación que realiza ao longo do ano. O pasado mes de maio levaron a cabo unha formación interna sobre o sistema de calidade, para promover o traballo en equipo, consensuar modos de facer as cousas, e revisar posibles dificultades de face a buscar as solucións oportunas en cada caso. Tamén se levou a cabo un curso de primeiros auxilios impartido por un técnico do 061, co obxectivo de reciclarse nas técnicas básicas de reanimación, vendaxes, atragantamentos… para “saber actuar nestas situacións e intentar salvar a vida ás persoas coas que traballamos” tal e como comentou un dos asistentes a esta formación.

Curso de vendaxes en Aspadex

Para este ano ademais das dúas formacións xa realizadas teñen previsto facer outra formación interna sobre o seu código ético e outra sobre envellecemento e discapacidade intelectual xa que “é un problema co que aos poucos nos imos atopando e necesitamos estar preparados para actuar correctamente nestes casos”.

Na rede

Ademais de formarse a nivel interno, a entidade busca transmitir estas aprendizaxes á comunidade, por medio do seu blog (www.aspadex.org/blog) e as redes sociais Facebook “Tienda Aspadex e twitter @aspadex), onde calquera persoa pode estar ao día tanto das noticias da asociación, como de información máis especializada en temas relacionados coa discapacidad intelectual: envellecimento, síndromes, epilepsia, autodeterminación…

Responsables de Aspadex nun curso

Novas relacionadas

Fonte

  • Ferroatlántica.

Comentarios