Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Autorizado o desmantelamento dun depósito de gas en Lobelos

Deposito de Gas de Lobelos
Autorizado o desmantelamento dun depósito de gas en Lobelos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves unha resolución pola que se outorga autorización administrativa a Nedgia Galicia para o peche parcial, incluíndo o desmantelamento, da infraestrutura gasista correspondente á planta satélite de gas natural licuado de subministración ás redes de distribución de gas natural dos concellos de Cee e Corcubión.

Trátase dun depósito sito no lugar de Lobelos, Cee.

En concreto, a compañía solicitou o peche dun depósito de 60 metros cúbicos que leva inoperativo desde 2015 e que "non prevé ter que utilizalo no futuro". A planta aínda ten outro de 30 metros cúbicos.
O prazo para o peche e desmantelamento que se autorizan será de 12 meses.

Deposito de Gas de Lobelos 2

Comentarios