Venres. 26.04.2024
El tiempo

#AxendaCostadaMorte cos tradicionais Enterros para pechar o Entroido

#AxendaCostadaMorte cos tradicionais Enterros para pechar o Entroido
Última traca do Entroido esta fin de semana, e faino cos sempre simpáticos Enterros. Persoeiros singulares como a gran Mikaela, o percebe Trump, o Caietano ou o Faustino e Facundo, asumen o protagonismo para este peche trouleiro dunha das épocas que máis nos prestan do ano.

Parte de 4gotas.com

A fin de semana terá un pouco de todo. Un venres pasado por auga. Choverá durante gran parte do día en toda a Costa (serán máis intensas pola mañá e no litoral entre Fisterra e Muros), estarán os ceos grises durante toda a xornada e aínda haberá ondas de 5 metros de altura no litoral. O sábado comeza a entrar un anticiclón. O vento acabará rolando ao nordés durante a tarde (xa será do noroeste na tarde do venres, sendo do norte na mañá do sábado) e irá limpando o ceo de nubes. Iso si, no extremo norte da Costa da Morte (arredores de Malpica) aínda quedarán chuvias febles na mañá do sábado e bastantes nubes o resto do sábado. No resto da Costa da Morte xa predominará o sol. O domingo será un día de sol, só con néboas matinais no interior. Irá frío na madrugada, e no norte, co nordés tamén se notará ao mediodía. Así que, o entroido acabará sen chuvia (o venres aínda quedará en toda a Costa e na madrugada e primeiras horas do sábado podería afectar a Buño).

Entroidos costeiros

Citas singulares

   

Exposicións

  • Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos  (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios