![]()
Fernando Montero na Casa Rogelio
Volveu caer, como aquela Primitiva de 2001, un bo premio da sorte na Casa Rogelio. Así de contento estaba esta mañá o lotero Fernando Montero, despois de que este mítico bar-ultramarinos-estanco repartise un décimo do Gordo. Son 400.000€ que esperan o seu gañador mentres toda a vila fica axitada buscando o protagonista que sacou o décimo por máquina. O mítico establecimento é un un lugar de paso, así que compre esperar a coñecer ao afortunado.
![]()
Casa Rogelio en Baio
Tamén caeu un décimo do 5º premio (por ventanilla) na Administración de Lotería Costa da Morte do Centro Comercial Finisterrae de Cee.
![]()
Foto de Rafa Quintáns
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/sempre-toca-en-santa-comba/