Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco
08:07 15/06/16
O xerente de Bazarra e o secretario da Fundación Fernando Blanco asinaron o convenio de colaboración entre ambas entidades
Un ano máis - e xa van cinco -a Fundación Fernando Blanco de Lema vén de renovar o seu convenio de colaboración cunha entidade privada: a estación de servizo Bazarra de Cee; unha empresa comprometida co deporte e coa cultura da bisbarra. Precismante onte, O xerente da gasolineira - Julio César López - e o secretario da Fundación - Darío Areas Domínguez - asinaron o convenio mediante o cal a empresa ceense colaborará economicamente nas tres actividades educativo-culturais programadas pola Fundación para este ano.
Concretamente a estación de servizo Bazarra financiará o IV concurso de Relatos Curtos e o III concurso de Debuxos. Estas son actividades dirixidas a escolares dende o primeiro ciclo de primaria á ESO dos centros educativo de dez concello da contorna ceense. O tema de ambos concursos tratará sobra a amizade.
Por outra parte, Bazarra tamén colabora de forma económica na quinta edición dos premios académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2015-2016. Neste certamen premiáse a cinco dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto ós cursos de 1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior.
A estación de servizo Bazarra tamén colabora co programa cultural “O Mes da Fundación” que se celebra no mes de outubro cunha dobre programación. Por un lado, ofértanse actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, organizánse ditintos eventos dirixidos ao público en xeral.
Máis información
Novas relacionadas
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra
- Primeira fornada de becarios da Fundación Fernando Blanco.
- O Museo da Fundación Fernando Blanco vólvese salvar polo apoio empresarial.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Fundación Fernando Blanco