Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco

Carolina Villar López, Administradora Solidaria e Copropietaria da ES Bazarra e Darío Areas Domínguez do Museo Fernando Blanco Non para de botar gasolina a Estación de Servizo Bazarra para que a Fundación Fernando Blanco siga sendo un referente cultural e educativo na comarca de Fisterra. Esta mañá de martes 23 de maio, ambas entidades renovaron o convenio de colaboración polo que a empresa ceense colaborará económicamente en tres das actividades programadas pola Fundación para este ano 2017. Carolina Villar López, Administradora Solidaria e Copropietaria da E. S. Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, foron os encargados de plasmar as súas rúbricas no mencionado convenio. En concreto, as actividades encadradas neste convenio son: - V Concurso de Relatos Curtos e IV Concurso de Debuxos. Ambos concursos están dirixidos a escolares dende 1o Ciclo de Primaria á ESO dos centros educativos de 10 concellos da contorna. Ambos concursos xirarán este ano en torno ao tema “A Costa da Morte” En ámbolos dous certames entregaranse un total de 12 premios valorados en 690 €. A Estación de Servizo Bazarra comparte colaboración nesta actividade coa Deputación Provincial da Coruña. - 6ª Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2016-2017. Estes Premios teñen por obxecto premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto aos cursos de 1o F. P. Básica, 3o ESO, 1o Bacharelato, 1o Ciclo Medio e 1o de Ciclo Superior. Tamén nesta actividade a E. S. Bazarra compartirá colaboración coa Deputación da Coruña e con varios establecementos de Cee.  - 5ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación”. Celebrarase no mes de outubro cunha dobre programación. Por un lado actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, actividades para o público en xeral. Por este programa pasaron, en ediciós anteriores, figuras tan destacadas coma Jorge Mira, Ángel Carracedo, Francisco Blanco, Alfonso Mariño, Xosé Neira Vilas, Concha Blanco, Fernando Fraga, Xurxo Mariño, Xavier Díaz, Davide Salvado, Cándido Pazó, Quico Cadaval, etc.
Novas relacionadas
- Bazarra abre un novo supermercado express para ampliar a súa oferta.
- Bazarra segue apostando polo medio ambiente cun novo lavado e o teito solar.
- Bazarra apoia por quinto ano a actividade cultural da Fundación Fernando Blanco.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- Olimpia xa ten gasoliña para correr.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira:
- A fotografía toma o museo Fernando Blanco.
- Expoñendo a arquitectura de Domingo Antonio de Andrade.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])